viernes, 20 de mayo de 2016

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM na Asociación Nuestra Señora de Chamorro

A primeira hora do pasado mércores, o Grupo de Teatro da ASCM estreaba a súa obra adaptada, "El Secreto de la Cueva", na Asociación Nuestra Señora de Chamorro. 

O público disfrutou, durante cuarenta e cinco minutos, desta peza teatral interpretada por 9 actores e que conta con grandes doses de humor e intriga.

A próxima representación terá lugar o venres 3 de xuño en Geriatros Ferrol. Aquí tedes un pequeno resumo do que deu de sí esta comedia.

miércoles, 18 de mayo de 2016

O Grupo de Teatro da ASCM estrea, esta tarde, "El Secreto de la Cueva"

Esta tarde, ás 15:30 horas, o Grupo de Teatro da ASCM estrea na Asociación Nuestra Señora de Chamorro a súa nova obra "El Secreto de la Cueva", unha peza teatral adaptada con grandes doses de humor e intriga.

Esta representación será a primeira da tempada e a ela seguiranlle as de Geriatros Ferrol (3 de xuño), Geriatros Narón (9 de xuño) e o "Certame de Teatro Candilejas Don Bosco" de A Coruña (11 de xuño).

Os ensaios da obra "El Secreto de la Cueva", que estará representada por 10 actores, arrancaban xa o pasado mes de setembro, polo que estamos seguros de que a estrea sairá perfecta.

A entrada é libre e gratuita, así que non vos perdades esta comedia desbordante de inxenio que vos fará pasar un moi bo rato!!
 

jueves, 12 de mayo de 2016

Novas datas para a representación da obra "El Secreto de la Cueva"

O grupo de teatro da ASCM xa conta con novas datas de actuación na súa axenda. Non perdas a oportunidade de disfrutar desta comedia chea de enredos que se representará en diferentes lugares da comarca:
  • 18 de maio: Asociación Nuestra Señora de Chamorro.
  • 3 de xuño: Geriatros Ferrol.
  • 9 de xuño: Geriatros Narón.
  • 11 de xuño: Certame Candilejas Don Bosco (A Coruña).