lunes, 25 de abril de 2016

Xa podes solicitar a actuación do Grupo de Teatro ASCM a través da Rede Cultural da Deputación

O Grupo de Teatro ASCM pertence á Rede Cultural da Deputación da Coruña, un programa que contribúe á difusión e a promoción da múscia, o folclore, o teatro, a danza e o cine, entre outras manifestacións artísticas da provincia.

Deste xeito, tódolos que estean interesados en contar coa actuación do Grupo de Teatro ASCM, poderán presentar a solicitude desde o 22 de abril, ata ás 14:00 horas do día 12 de maio de 2016.

A solicitude presentarase de xeito telemático na Plataforma Informática SUBTEL, á que se accede á través da páxina web da Deputación (http://www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/), onde tamén se poden consultar os datos completos das agrupacións artísticas que participan na Rede Cultural.

Aquí vos deixamos os nosos datos de contacto agardando que contedes connosco ;)

jueves, 14 de abril de 2016

O Grupo de Teatro da ASCM prosigue os ensaios da súa obra "El secreto de la cueva"

O Grupo de Teatro da ASCM continúa ensaiando arreo para a próxima estrea de "El Secreto de la Cueva", unha peza teatral adaptada con grandes doses de humor e intriga que non deixará indiferente ó público.

Aínda non temos a data oficial do debut pero, aventuramos que será ó longo desta primavera. De todas formas, mantédevos alerta porque vos seguiremos informando a través deste blogue.

Os ensaios arrancaban o pasado mes de setembro e, desde entón, moitos foron os avances... Tantos que, ¡xa temos todo o atrezzo preparado! Do mesmo xeito, esta obra estará representada por 10 actores, todos eles con moitas táboas no escenario posto que, na súa maioría forman parte do Teatro da ASCM dende os seus inicios, no ano 2006.

Aquí tedes unha mostra do moito que están a traballar os nosos actores ;)


viernes, 8 de abril de 2016

O Grupo de Teatro ASCM participará no XIX Certame de Teatro Candilejas Don Bosco

Na tarde de onte, reuníronse tódolos directores das obras teatrais que se representarán no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Candilejas Don Bosco, para presentar o festival deste ano.

Durante o certame, que se celebrará nos meses de abril, maio e xuño, no salón de actos do Instituto de Educación Secundaria Calvo Sotelo, representaranse máis de 100 obras teatrais, entre as cales estará, por suposto, "El Secreto de la Cueva", do Grupo de Teatro ASCM.

Do mesmo xeito, cabe destacar que, este ano, participarán un total de 1.524 actores noveles, dos cales a gran maioría repetirá experiencia.


Comienza el certamen de teatro Don Bosco 

La Opinión, 8 de abril de 2016
Noticias ASCM, 8 abril de 2016