miércoles, 10 de febrero de 2016

A nosa historia... Así naceu o Grupo de Teatro da ASCM

O grupo “TEATRO ASCM” nace no ano 2006 enmarcado no programa de actividades da Asociación Sociocultural ASCM.

Leva a cabo a primeira representación en abril do 2007 e, dende aquela, ven realizando diversas actuacións con entrada libre e gratuita por diferentes entidades da provincia de A Coruña, actualmente contan con máis de sesenta e cinco representacións.

No repertorio do grupo, as obras máis representadas son: “Con Premeditación e Aleivosía” e “A Familia Rufo”. No 2015 inclúese “Disparatada Educación”, sendo tódalas obras de creación propia. Ademais cabe remarcar, que as obras teñen todas un mensaxe que busca concienciar e sensibilizar á cidadanía, sobre as dificultades coas que se atopa unha persoa con discapacidade.

As persoas que integran o grupo son persoas con discapacidade e o seu obxectivo é transmitir unha mensaxe social moi importante de concienciación e sensibilización, tendo o respecto e a solidariedade como valores fundamentais.