domingo, 29 de junio de 2008

ASCM TEATRO

 





DiariodeFerrol, 28-6-2008

viernes, 27 de junio de 2008

O Grupo de Teatro da ASCM estrea "Con premeditación e aleivosía"

Trátase dunha comedia de creación propia na que o público interactúa cos actores e participa na obra

O Grupo de Teatro da Asociación Sociocultural “ASCM” estreará este domingo na Asociación de Veciños "Virxe de Fátima" de Narón, unha obra de teatro que eles mesmos escribiron e arreglaron. A entrada é libre e gratuita.

Esta obra xira arredor dos problemas cotiáns da convivencia entre persoas do mesmo entorno e as súas desavenencias producto da falla de comunicación e entendemento.

A posta en escea da celebración dun xuízo como consecuencia da denuncia entre dúas veciñas fai tamén unha crítica ó sistema xudicial nun caso concreto sobre esa circunstancia na que se ven envoltas varias persoas pertencentes á mesma comunidade veciñal.

“Con premeditación e Aleivosía” é unha obra cun marcado tono irónico que xira entorno a un xuizo entre veciños, onde o espectador interactuará coa obra, xa que formará parte do xurado popular da representación teatral. 

Na obra interveñen 8 personaxes: un denunciante, unha denunciada, o xuiz, os avogados da defensa e a acusación, dúas testemuñas e o xurado popular (que será o público presente na sala).