martes, 15 de mayo de 2007

Novas datas para a representación da obra "A familia Rufo"

O grupo de teatro da ASCM xa conta con novas datas de actuación na súa axenda. Non perdas a oportunidade de disfrutar desta comedia do máis entretida que se representará en diferentes lugares da comarca:
  •           21 de maio: Talleres ocupacionais de “Chamorro”.
  •           16 de xuño: Residencia Mi Casa (Ferrol).
  •           18 de xuño: DYA, Hospital de Caranza.
  •           23 de xuño: EUXA.
  •           30 de xuño: Casa da Cultura de Neda.
  •           27 de outubro: Casino do Seixo (Fene).
  •          12 de novembro: Na sede da ASCM de Ferrol.
  •           17 de novembro: Concello de Cerdido.
  •           18 de novembro: Sociedade Cultural Areosa (Piñeiros).
  •           1 de decembro: Concello de Cedeira.
  •           8 de decembro: Centro Cultural “As Alianzas” - Ares.
  •           15 de decembro: Asociación Veciños “Virxen de Fátima” (Narón).

jueves, 3 de mayo de 2007

Falamos da obra "A Familia Rufo"

Sinopse:
Nunha casa calquera, nun tempo calquera, dun lugar calquera, e no seo dunha familia calquera, puido acontecer esta historia.

A avoa Manola, en cadeira de rodas e principios de Alzheimer; o avó Rufo, afectado de Parkinson e problemas auditivos; unha neta en cadeira de rodas e unha convivencia problemática entre a familia na que se reflicten incomprensións, egoísmos e sentimentos varios de tódolos personaxes que se volcarán ao longo da representación xunto coas inquedanzas das distintas xeracións.

Personaxes:
  • Rufo (avó)
  • Manola (avoa)
  • Rufino (pai)
  • Virtudes (nai)
  • Andrew (fillo)
  • Andrea (filla)
  • Luz Divina (amiga 1)
  • Katy (amiga 2)
  • Enfermeira

martes, 1 de mayo de 2007

O grupo de teatro da ASCM estrea "A familia Rufo" en Narón

O pasado 28 de abril, o grupo de teatro da ASCM estrenaba a súa primeira obra "A familia Rufo". O lugar elixido para o evento era o auditorio da Residencia San Xosé Obreiro de Piñeiros (Narón).

Despois da representación, levábase a cabo un coloquio no que participaron tanto o elenco de actores coma o director e os espectadores.

A próxima representación de "A familia Rufo" será nos Talleres Ocupacionais de "Chamorro" o día 21 de maio.