lunes, 26 de diciembre de 2016

O grupo de teatro ASCM premiado por "Superpanchita"

¡Estamos de noraboa! O grupo de teatro ASCM resultou gañador dun Accesit de 500€ no concurso de Proxectos de Educación Vial convocado pola Dirección Xeral de Tráfico coa súa obra "Superpanchita".

“Superpanchita” é unha representación realizada polos/as usuarios/as da Asociación Sociocultural ASCM e xira en torno ás dificultades para saír a rúa dunha personaxe caracterizada como unha vaca con movilidade reducida.

¡Coñece a súa historia no seguinte vídeo!


martes, 13 de diciembre de 2016

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM en Centro de Día de Caranza

Este venres, día 16 de decembro, estades invitados a asistir á representación, por parte do Grupo de Teatro ASCM, da obra "El Secreto de la Cueva", ás 16:30 horas no Centro de Día de Caranza.

Trátase dunha comedia que transcorre na Galería Ferrolterra, lugar no que terá lugar unha poxa moi especial e na que non faltaran enredos entre os nove personaxes que a interpretan. A subasta dun cadro será a peza esencial sobre a que xira esta comedia de intrigas.

Vide pasar un bo rato con esta divertida comedia, a entrada é libre e gratuita.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Novas actuacións do Grupo de Teatro ASCM para o mes de novembro

O Grupo de Teatro ASCM últimamente ten a axenda moi apretada... A súa obra "El Secreto de la Cueva" está tendo moito éxito, tanto que esta fin de semana terán dúas novas representacións.

A primeira será este venres día 11 de novembro ás 15:45 horas no Centro de Día de Ares. E a segunda representación terá lugar no Local Social de Covas, o sábado 12 de novembro ás 19:00 horas.

A obra transcorre na Galería Ferrolterra, onde ten lugar unha poxa moi especial, na que non faltarán enredos pola venda dun cadro que leva por título “El Secreto de la Cueva”, da pintora galega Rosi Loló. Dito cadro é a peza esencial sobre a que xira esta comedia chea de intrigas que se resolverán coa chegada de D. Chicharrón Júnior, quen explicará a súa verdadeira orixe.

Agardamos que veñades a ver esta divertida comedia que vos fará pasar un moi bo rato!! A entrada é libre e gratuita en ámbalas representacións!!


miércoles, 19 de octubre de 2016

Actuación do Grupo de Teatro da ASCM en Geriatros Laraxe

O vindeiro martes, día 25 de outubro ás 17:15 horas, o Grupo de Teatro ASCM representará a súa nova obra, "El Secreto de la Cueva" en Geriatros Laraxe.

Non vos perdades esta comedia que transcorre na Galería Ferrolterra, lugar no que terá lugar unha poxa moi especial e na que non faltaran enredos entre os nove personaxes que a interpretan. A subasta dun cadro será a peza esencial sobre a que xira esta comedia de intrigas.

A entrada é libre e gratuita... Non faltedes a esta xenial comedia que vos fará pasar un moi bo rato!!

martes, 13 de septiembre de 2016

Volve a actividade Teatro ASCM

Tralas vacacións de verán regresamos con novos proxectos e actuacións!! O horario de desta actividade será, durante o mes de septembro, os martes de 18:00 a 20:00 horas na ASCM Narón.

Se ti tamén queres apuntarte e formar parte do grupo de Teatro ASCM podes facelo de xeito presencial en calquera dos locais da nosa entidade ou por vía telefónica chamando ó 981.351.430.

jueves, 23 de junio de 2016

O Certame Candilejas Don Bosco elixe a cinco actores do Grupo de Teatro ASCM como destacados


 Onte, ás 20:30 horas, comezaba no Teatro Colón o acto de entrega de premios do XIX Certame Candilejas Don Bosco cun grande éxito de asistencia.

Alí acudiu unha representación do elenco de actores do Grupo de Teatro ASCM disposto a recoller os diplomas conmemorativos e, se cadra, algún recoñecemento pola obra coa que participaban no certame, "El Secreto de la Cueva". E así foi, José Cagiao (subastador), Cristina Naveiras (primeira muller), Elena Fernández (segunda muller), Rebeca Ogando (terceira muller) e Noemi González (voz en off) recibían o recoñecemento de "actores destacados" no seu diploma. Noraboa rapaces!!

Aquí vos deixamos un recopilatorio fotográfico do acto.

martes, 21 de junio de 2016

O Grupo de Teatro ASCM asistirá á entrega de premios do Certame de Teatro Candilejas Don Bosco

Mañá, ás 20:30 horas no Teatro Colón, terá lugar a entrega de premios do XIX Certame de Teatro Escolar e Afeccionado Candilejas Don Bosco, nas categorías Cadete, Xuvenil e Senior e, como non podía ser doutro xeito, os actores da ASCM estarán na gala.

O Grupo de Teatro ASCM participaba nesta edición do Certame Candilejas Don Bosco o pasado 11 de xuño, coa representación da obra "El Secreto de la Cueva", unha peza teatral de creación propia que fixo rir e pasar un bo rato ó publico asistente.

Desexámoslles moita sorte ós nosos actores e a ver se teñen sorte de apañar algún premio ;)